miércoles, 6 de julio de 2011

Maratón de Lectura 2011 (9)


A nosa particular homenaxe a Miguel de Unamuno:

Xa que Unamuno era un dos autores propostos pola Fundación Eugenio Granell para esta Maratón e que celebramos este ano o 75 aniversario do seu pasamento en Salamanca (31 de decembro de 1936), os alumnos do Obradoiro de estimulación cognitiva realizaron unha serie de figuriñas de cocotoloxía (origami) para repartir ós participantes na Maratón.
Tódalas figuras foron realizadas con papel de desfeita, procedente na súa meirande parte de revistas, carteis e folletos publicitarios.



Unha pajarita "xigante" realizada cun papel de 100x100cm, na que figuraban os nomes dos sete autores elexidos para esta ocasión e sobre a que estamparon as súas firmas algúns dos lectores participantes, quedou de recordo desta xornada.
Non sei se foi unha casualidade esa coincidencia, pero a relación entre a pajarita e o número sete foi ampliamente explicada por Unamuno no seu "Apuntes para un tratado de cocotoloxía".







No hay comentarios:

Publicar un comentario