viernes, 26 de noviembre de 2010

Centenario do nacemento de Miguel Hernández (6)

Recital na Fundación-Museo Eugenio Granell, en Santiago de Compostela

domingo, 21 de noviembre de 2010

Centenario do nacemento de Miguel Hernández (5)


Centenario do nacemento de Miguel Hernández (4)



Centenario do nacemento de Miguel Hernández (3)





Centenario do nacemento de Miguel Hernández (2)

Un certo sentimento de empatía co poeta deixouse sentir ó longo de todo o proceso de preparación do recital e non faltaron os momentos de emoción como se evidenciou finalmente na actuación cara ó público.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Centenario do nacemento de Miguel Hernández

Cartel anunciando o recital, realizado pola Fundación-Museo Eugenio Granell

A idea de preparar un recital adicado a Miguel Hernández xurdíu por mor da celebración do Centenario do seu nacemento. As compoñentes do Grupo de Teatro coñecían algúns dos seus poemas, sobre todo por medio das cancións de Joan Manuel Serrat e tamén de Jarcha ("Vientos del pueblo"); algunhas trouxeron elas mesmas libros ou fotocopias para, despois dunha primeira lectura, facer a selección definitiva.
Ó longo do ano estiveron moi atentas a tódalas noticias ou programas de radio ou TV que fixeran referencia ó poeta, noticias que logo comentaban nos ensaios, de xeito que ían relacionando o contido dos poemas coas vivencias do autor. Nalgúns casos esta relación foi determiñante para a interpretación; noutros prevaleceu o método introspectivo.

Exercicios de vocalización

Os trabalingoas e os xogos de palabras ofrecen moitas posibilidades para a millorar a vocalización dos actores.

Algúns exemplos:

Sete varas de pano pardo, madre,
escasa capa lle fan a un frade;
ispa esa escasa capa parda, frade;
(Concello de Vedra)

Lobo rubio roeu a loro duro;
se loro duro roe, lobo rubio lo remoe;
(Concello de Vedra)

Teño unha tasa de sal arrasada,
¿quena de sal desarrasará?
(Concello de Vedra)

Se vou a Bueu, eu non vou nun bou; e se non vou nun bou, eu a Bueu non vou; (tradicional galego); neste caso o ritmo é fundamental para comprensión;

A muller do meu tío Mateo, xirómeno meu,
ten unha xiroba
que lla fixo meu tío Mateo, xirómeno meu,
co rabo da escoba.
(Concello de Santiago de Compostela)

Con dados ganan condados; calambur de Francisco de Quevedo, o mesmo que o seguinte:

Entre el clavel blanco y la rosa roja, Su Majestad escoja;