martes, 27 de octubre de 2009

Esclavitud, de Manuel Lugrís

Damiana Fernández e Mª Josefa Seijas nunha escea de "Esclavitud", de Manuel Lugrís, representada na sede da Fundación Eugenio Granell en Santiago deCompostela, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, en maio de 2006.
Programa de "Esclavitú".


lunes, 19 de octubre de 2009

De como preparei o espectáculo conmemorativo do cuarto centenario da publicación do Quixote

No ano 2005 celebrábase o IV Centenario da publicación do Quixote; moitos coidabamos que os actos culturais en homenaxe a Cervantes ían proliferar, por iso e dado que tamén se celebraba o bicentenario do nacemento de Hans Christian Andersen ó que a Fundación Eugenio Granell lle adicaba a súa
Maratón anual de lectura, preparei un espectáculo sobre este autor. Pero moitos deberon pensar o mesmo e na nosa cidade a conmemoración cervantina pasou bastante desapercibida.
A mediados de xuño recibín unha proposta da Fundación Granell para preparar unha actividade sobre O Quixote que se levaría a cabo a finais de outubre ou comezos de novembro. aínda que fora un atrevemento pola miña banda abordar unha tarefa tan comprometida, aceptei, pois no mes de xullo tiña vacacións e a idea de adicar parte do meu tempo a esta labor non me disgostaba, sobre todo porque a parte máis comprometida do traballo, que era a selección dos textos, podía facela ó aire libre.
O Parque de San Domingos de Bonabal e o xardín do Hotel Costa Vella, na Porta da Pena foron os escenarios escollidos.

martes, 13 de octubre de 2009

Romance de Micomicón e Adhelala



Bosquexos para os traxes da Raíña Nai e da Raíña do Afganistán do "Romance de Micomicón e Adhelala", de Eduardo Blanco-Amor.