lunes, 19 de octubre de 2009

De como preparei o espectáculo conmemorativo do cuarto centenario da publicación do Quixote

No ano 2005 celebrábase o IV Centenario da publicación do Quixote; moitos coidabamos que os actos culturais en homenaxe a Cervantes ían proliferar, por iso e dado que tamén se celebraba o bicentenario do nacemento de Hans Christian Andersen ó que a Fundación Eugenio Granell lle adicaba a súa
Maratón anual de lectura, preparei un espectáculo sobre este autor. Pero moitos deberon pensar o mesmo e na nosa cidade a conmemoración cervantina pasou bastante desapercibida.
A mediados de xuño recibín unha proposta da Fundación Granell para preparar unha actividade sobre O Quixote que se levaría a cabo a finais de outubre ou comezos de novembro. aínda que fora un atrevemento pola miña banda abordar unha tarefa tan comprometida, aceptei, pois no mes de xullo tiña vacacións e a idea de adicar parte do meu tempo a esta labor non me disgostaba, sobre todo porque a parte máis comprometida do traballo, que era a selección dos textos, podía facela ó aire libre.
O Parque de San Domingos de Bonabal e o xardín do Hotel Costa Vella, na Porta da Pena foron os escenarios escollidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario