sábado, 20 de noviembre de 2010

Centenario do nacemento de Miguel Hernández

Cartel anunciando o recital, realizado pola Fundación-Museo Eugenio Granell

A idea de preparar un recital adicado a Miguel Hernández xurdíu por mor da celebración do Centenario do seu nacemento. As compoñentes do Grupo de Teatro coñecían algúns dos seus poemas, sobre todo por medio das cancións de Joan Manuel Serrat e tamén de Jarcha ("Vientos del pueblo"); algunhas trouxeron elas mesmas libros ou fotocopias para, despois dunha primeira lectura, facer a selección definitiva.
Ó longo do ano estiveron moi atentas a tódalas noticias ou programas de radio ou TV que fixeran referencia ó poeta, noticias que logo comentaban nos ensaios, de xeito que ían relacionando o contido dos poemas coas vivencias do autor. Nalgúns casos esta relación foi determiñante para a interpretación; noutros prevaleceu o método introspectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario