jueves, 30 de septiembre de 2010

Os efectos especiais

Un dos aspectos teatrais que máis me gosta traballar é o dos efectos sonoros, pois son unha parte indispensable desa maxia que fai que o espectador se esqueza de todo para centrar toda a súa atención no que acontece no escenario.

Por outra banda, resulta moi creativo para os alumnos ir argallando, mentres dura a preparación dunha obra, trebellos para roducir os sons e bruídos axeitados. Cicais esta afición provén do gosto pola radio que me inculcou de nena miña avoa, as historias de "Matilde, Perico y Periquín" e logo as radionovelas de Guillermo Sautier Casaseca.
Na exposición conmemorativa do 75 aniversario da radio en España (Museo doPobo Galego, San Domingos de Bonabal) poiden ver algúns dos artiluxios que empregaban e que agora moita xente coñece: cun coco partido pola metade para simular o trote do cabalo...

Algúns dos trucos que agora coñezo e que teño empregado en distintas ocasións aprendeumos Ricardo Outes, que fora tramoista do Teatro Principal de Santiago na súa anterior etapa antes de convertirse en cine (afortunadamente está recuperado de novo para teatro); outros aprendinos de Rodolfo López-Veiga que tamén fixera teatro radiofónico. E, por último, algúns xurdiron simplemente da experimentación en grupo.

BOMBAS DE PALENQUE:
Globos dos maís sinxelos inflados que pinchamos con alfinetes.
Para darlle máis realismo imitamos o son da subida da bomba poñendo a boca para pronunciar o "X" e expulsamos o aire durante todo o tempo que podemos. É importante o ritmo que lle damos a este efecto.
Convén levar sempre algúns globos de máis, pois como a secuencia dura só uns poucos segundos, só se pode marcar o inicio, logo os encargados dos efectos, dous polo menos, déixar
anse levar pola súa intuicion.

PETARDOS:
Son disparos de pouca intensidade, con papel burbuxa, do que se emprega para empaquetar materiais fráxiles.

A meirande parte dos efectos sonoros fanse con material de desfeita e iso facilita que se poidan practicar todo o que sexa preciso ata acadar o resultado desexado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario