martes, 7 de septiembre de 2010

Recital de poemas de Uxío Novoneyra

Letras Galegas 2010:

Auditorium do Museo do Pobo Galego, Xuño, 2010


Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home...


FIANDEIRA namorada

que fías detralo lume

cos ollos postos nas chamas

roxiñas brancas i azules.


Fiandieriña que fías

nas noites do longo inverno

as liñas máis delgadiñas

que o fío do pensamento.


Cai a neve branca fora

riba dos teitos calada

mentras ti fías e soñas

nunha cousiña lonxana...

(Resultou ser unha jota)



No bicarelo do bico do brelo

canta o paxariño.

No mesmiño bicarelo

do bico do brelo.



PRANTO POLO CHÉ

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

As aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.


No hay comentarios:

Publicar un comentario