




A dona que eu amo e teño por señor A dona que eu amo e teño por señoramostrádema, Deus, se vos én pracer for,senón, dádema morte. A que teño eu por lume destes ollos meuse por que choran sempre, amostrádema, Deus,senón, dádema morte. Esa que Vos fecestes mellor parecerde quantas sei, ¡ai Deus!, fácedema veer,senón, dádema morte. ¡Ai, Deus!, que ma fecestes máis ca min amar,¡Ai, Deus!, mosrtrádema ú posa con ela falar,senón, dádema morte.
Cantiga número VI de amor cortés.
O cabaleiro da pruma na gorra
meu amigo é.
O cabaleiro do verde tabardo
meu amigo é.
Ogallá que na guerra non morra,
meu amigo é.
Non de frecha, de asta nin dardo,
meu amigo é.
A dama que ía no branco cabaloA dama que ía no branco cabalolevaba un pano de seda bordado,Na verde froras letras van de amor! O cabaleiro do cabalo negrolevaba unha fita colléndolle o pelo.Na verde froras letras van de amor! No medio do río cambiaron as vistas,el para o pano e ela pra fita.Na verde froras letras van de amor! As vistas lles viron no río cambiare o pano e a fita por se namorar.Na verde froras letras van de amor:Con amor vivirás! 
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quen poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.Quen poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!Quen poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
SOEDADES DA MIÑA BRANCA SEÑOR
Escóitasme así, miña señor amada,
Ouh doce o peso do teu corpo no meu maxín deitado!
Neste río do meu vagar sin fin,
¿que incendiado navío non navegas na noite?
¿Por que este corazón tanta frol mucha?
¿por que non é mortal de tanto lume a cinza?
¿por que inda son eu de tanta verba a boca?
Miña branca señor, corpo delgado:
este bosque é do tempo da máis recente lúa,
i ese malvís que tanto aér enfrauta
cada día que amence renasce e asubía.
pra brincar fora desta lingua de lume?
Amante, no meu vaso aínda canta a sede.
Esa lúa nevada, amor, que do teu corpo
medra coa noite sober das cumes dos meus ollos!
Deixa que rose, ao arrimo das cerdeiras,
nas illas dos teus ollos, ai,
Adormece ao meu carón, namentras quebra o día
baixo un teito de alaudas, tímidas cantadoras,
e pouco a pouco amósase ao meu rostro!
¿Fai falla, quezáis, un cabalo roxo
ou unha aza mortal e fría
pra brincar fora desta lingua de lume?

HOMENAXE A ÁLVARO CUNQUEIRO
Sede da Fundación Eugenio Granell, 28 de Xuño de 2011
Programa
I.- A poesía neotrovadoresca:
1. Cantiga nova que se chama riveira
2. Soedades da miña branca señor
3. Con auga de sede vella
4. A dama que ía…
5. A dona que eu amo…
6. O cabaleiro da pruma na gorra
7. Outono cedo de gaitas
8. Agora trovo…
9. Amor de auga lixeira
10. Quechemarín
11. Si miña señora…
Varias:
12. Alma…
13. Noivado IV
14. Rondeau…
As Illas:
15. Acolá están as illas…
16. Hai unha illa loubada
17. Illa
A Prosa:
18. Pontes do Meirado
19. Guerreiro de Noste
20. Na cociña colgan…
21. De tesouros novos vellos…
22. Conferencia “a historia da cultura galega”
Teatro:
23. “A noite vai coma un río”