miércoles, 8 de septiembre de 2010

Homenaxe a Ramón Piñeiro

Letras Galegas 2009

Rosalía de Castro a ritmo de rap:
Algúns din: ¡miña terra!
Outros din: ¡meu cariño!
I este di: ¡miñas lembranzas!
I aquel outro: ¡os meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i-o meu cansado esprito,
a donde quer que eu vai
van comigo.

Actuación para o Curso de Verán da USC, "Actualizacións en Xerontoloxía, 2009.

martes, 7 de septiembre de 2010

Recital de poemas de Uxío Novoneyra (2)

Recital de poemas de Uxío Novoneyra

Letras Galegas 2010:

Auditorium do Museo do Pobo Galego, Xuño, 2010


Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home...


FIANDEIRA namorada

que fías detralo lume

cos ollos postos nas chamas

roxiñas brancas i azules.


Fiandieriña que fías

nas noites do longo inverno

as liñas máis delgadiñas

que o fío do pensamento.


Cai a neve branca fora

riba dos teitos calada

mentras ti fías e soñas

nunha cousiña lonxana...

(Resultou ser unha jota)



No bicarelo do bico do brelo

canta o paxariño.

No mesmiño bicarelo

do bico do brelo.



PRANTO POLO CHÉ

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

As aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros pa-
xariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.


Homenaxe a José Saramago


Recente a morte do escritor portugués e Premio Nobel José Saramago, aproveitamos o noso recital de poemas de Uxío Novoneyra no Auditorium do Museo do Pobo Galego para rendirlle unha pequena homenaxe recitando o seu poema "Não direi".

Não direi:
Que o silêncio me sufoca e amordaça.
Calado estou, calado ficarei,
Pois que a língua que falo é de outra raça.


Palavras consumidas se acumulam,
Se represam, cisterna de águas mortas,
Ácidas mágoas em limos transformadas,
Vaza de fundo em que há raízes tortas.


Não direi:
Que nem sequer o esforço de as dizer merecem,
Palavras que não digam quanto sei
Neste retiro em que me não conhecem.


Nem só lodos se arrastam, nem só lamas,
Nem só animais bóiam, mortos, medos,
Túrgidos frutos em cachos se entrelaçam
No negro poço de onde sobem dedos.


Só direi,
Crispadamente recolhido e mudo,
Que quem se cala quando me calei
Não poderá morrer sem dizer tudo.

domingo, 5 de septiembre de 2010

miércoles, 25 de agosto de 2010

lunes, 2 de agosto de 2010

Lembranzas

Grabación de "O boticario Don Saturio", lance primeiro de "Os vellos non deben de namorarse", de Alfonso D. R. Castelao, realizada en 1979 pola televisión española en Galicia.
A grabación foi realizada no Teatro do Colexo LaSalle, no Hostal dos Reis Católicos e na sede da televisión española en Galicia, situada daquela no último andar do Pazo de R
axoi. Dirixida por Rodolfo López-Veiga e interpretada por actores non profesionais, a meirande parte deles alumnos das Aulas da Terceira Idade de Santiago de Compostela, tiven a oportunidade de participar na mesma como rexidora de escea.